sábado, 27 de maio de 2017

Ante a causa archivada de Jose Manuel Baltar por acoso sexual




                O pasado día 23 de Maio, a persoa titular dos Xulgados en materia de Violencia de Xénero de Ourense concedíalle o indulto ó Presidente do Partido Popular e da deputación de Ourense, o señor Jose Manuel Baltar, denunciado por tráfico de influencias, cohecho e acoso sexual, o que implica o cese da investigación sobre a súa persoa en relación a uns feitos que nin sequera o xulgado nega que se produciran.

                Dende o PCPE – Comunistas da Galiza e os Colectivos da Mocidade Comunista queremos denunciar a farsa de indulto que se lle concede ó presidente da Deputación de Ourense, xa que en primeiro lugar atenta contra a dignidade da agredida e a reprodución ideolóxica do machismo, e en segundo lugar, pola evidente vinculación e influencia do presidente da Deputación nesta institución. Estes feitos so evidencian unha vez máis a complicidade do sistema xudicial coa burguesía e os seus mamporreros políticos; que a pesar de que existen probas de sobra para continuar coa investigación, simplemente se obvian descaradamente, mantendo en liberdade e en cargo público a un corrupto e acosador como Jose Manuel  Baltar, froito dunha política burguesa completamente dexenerada e podre.

                Non podemos consentir de ningunha maneira que estes feitos se traduzan en impunidade; por iso, dende o Partido Comunista e a Mocidade Comunista, faremos todo o que estea nas nosas mans para que estes feitos non caian no esquecemento, e Baltar reciba unha resposta contundente por parte das traballadoras e traballadores de Ourense; que de ningunha maneira van padecer máis os abusos e excesos dos políticos burgueses nin dos propios capitalistas.

                Sabemos que non podemos ter ningunha confianza no sistema xudicial burgués, e tamén somos conscientes de que so a organización do pobo e a clase obreira pode facer xustiza fronte os seus abusos e excesos.

NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!

ORGANIZADAS E ORGANIZADOS NON CONSINTAMOS OS SEUS ABUSOS!

venres, 12 de maio de 2017

Cómo se desenvolveu o Movemento Estudantil na Galiza? Perspectivas e críticas da Mocidade Comunista

Remata outro curso para miles de estudantes galegas, un curso marcado por cambios no movemento estudantil, un curso marcado por loitas e ambición de vitoria. Un curso no que o Movemento Estudantil avanzou na súa organización independente, e no que os comunistas actuamos, aínda que con escasas forzas a día de hoxe, con todo o noso esforzo e traballo para convertir ao Movemento Estudantil Galego nun Movemento Estudantil que aglutine a miles e miles de estudantes de todas as ramas educativas e teña vocación revolucionaria. Non temos nada que ocultar. Como comunistas, traballamos na transformación dun Movemento Estudantil que non teña medo de esixir por todos os medios que as nosas necesidades como estudantes se cumpran.



Para entender o que queremos construír, queremos poñer sobre a mesa un feito: se a día de hoxe existe unha forma de organizar á gran maioría dun sector, xa sexa de estudantes, de obreiros e obreiras ou de veciños e veciñas; esta é a organización pola loita das condicións básicas, das necesidades cotiás. Neste senso, non caben fórmulas organizativas que pretenden facer do Movemento Estudantil un clube de amigos con intereses políticos semellantes e preconcebidos, que pretenden facer do Movemento Estudantil unha máquina de ocio.



Á hora de construír o Movemento Estudantil, os comunistas preguntámonos acerca do papel das organizacións políticas dentro do mesmo e a influencia destas no Movemento Estudantil, e concluimos que: se ben é lícito que as organizacións políticas busquen oco nas ferramentas que temos para loitar polos nosos intereses inmediatos, non debemos permitir que as organizacións políticas tomen as ferramentas de loita para dirixir a loita cara os seus intereses políticos e as súas necesidades como organización.



Na construción do Movemento Estudantil como movemento masivo e con vocación gañadora, os comunistas organizados na Mocidade Comunista temos un só interese político no Movemento Estudantil: facer que as nosas reivindicacións como estudantes se cumpran, independentemente da cor política do órgano de goberno ao que nos esteamos enfrentando.



Queremos un Movemento Estudantil no que ao plantexar as necesidades do estudantado, non haxa ningún concello, Xunta, goberno central ou mesmo Unión Europea que nos pare os pés, sexan cales sexan as máns do partido político que sosteñen o goberno de turno.



Resaltamos a folga do 9 de Marzo como unha folga de especial relevancia, na que o Sector Educativo se puxo en pé con independencia de organizacións que, lonxe de loitar polos nosos intereses como estudantes, buscaban rédito político da nosa loita. Neste sentido, supuxo un punto de inflexión para a decadencia para unha parte do sector oportunista, rachando coas dinámicas da política burguesa xeral que ata agora viña lastrando o Movemento Estudantil. Fixose patente a diferencia entre os que loitan polo avance políticamente independente das masas, e aqueles que o único que queren é fagocitar o “movemento polo movemento” , aqueles que pretenden impoñer os seus intereses políticos á maioría dos estudantes. Dende a Mocidade Comunista denunciamos: Fraco favor para o estudantado! En última instancia, no mellor dos escenarios, construiranse ferramentas aglutinadoras dunha conciencia política primaria que só entrará en contradición cos gobernos que ás organizacións instrumentalizadoras lles interese.



Non queremos ese Movemento Estudantil, queremos e imos construír o Movemento Estudantil que necesita a maioría do estudantado, o único movemento con capacidade revolucionaria: aquél que acolle a todo estudante que no seu día a día, no seu centro, no seu fogar ou no seu barrio, necesita loitar por unha educación que satisfaga as súas necesidades económicas e sociais; aquél que pón como elemento único sobre a mesa as necesidades do estudantado.


Neste sentido, para construír, a Mocidade Comunista marca dous obxectivos ou puntos sobre os que traballar:



1.    Loitar sempre para evitar que estas dinámicas toxicas sexan reproducidas polos oportunistas e os revisionistas dentro do Movemento Obreiro e Popular. Para isto os comunistas adicarémonos a traballar, e nada máis que traballar, na construción do Movemento Estudantil que necesitamos como estudantes; sinalando sen ningún tipo de miramento todos os puntos nos que os elementos oportunistas entran en contradición coas necesidades do estudantado, os elementos que impiden construír Movemento Estudantil.



2.    Comezar a construír unha política revolucionaria para o movemento estudantil que rache por completo coas dinámicas tóxicas e aburguesadas dos partidos e organizacións oportunistas baixo os eixos anteriormente propostos: pasar da resistencia limitada contra o Partido Popular e centrada en elementos ideolóxicos que non conforman a centralidade das necesidades do Movemento Estudantil, a unha ofensiva caracterizada por non ceder en ningún momento perante os obstáculos das nosas necesidades como estudantes.

 

Xa comezamos a dar os pasos necesarios en lugares como Ourense e A Estrada, onde o estudantado empezou a organizarse con independencia política no seu día a día. Temos que dar moitos pasos, temos que seguir traballando, non nos conformamos; pero, sen dúbida, supuxo un punto de inflexión no que debemos afondar para ser miles.



Outra parte sería a que lle toca aos oportunistas: cal é o traballo dos oportunistas cando non poden manipular, controlar e impedir o avance do Movemento Estudantil como movemento politicamente independente? O estudantado organizado en A Estrada e en Ourense ben o sabe. O traballo honesto lexitima, os comunistas seguimos construíndo, avanzando.



A Mocidade Comunista, como non podía ser doutro xeito, non nos conformamos con esta pequena victoria. O camiño e longo e as batallas moitas, pero do que si estamos seguras e seguros é da derrota dos oportunistas e da costrución dun Movemento Estudantil con vontade política revolucionaria, que os expulse á retagarda política do movemento estudantil para sempre destruindo as súas estructuras aglutinadoras de inutilidade e reacción (algo que eles mesmos xa sospeitan) e costruindo unhas novas que sexan contedoras dunha conciencia política superior.




Seguimos camiñando.

mércores, 14 de setembro de 2016

AGORA É O MOMENTO DE LOITAR POR OUTRA EDUCACIÓN


Encontrámonos en pleno proceso de presentación de becas, becas ás que a gran maioría de estudantes accede para intentar pagar un ano de educación sen ter que depender do traballo dos seus pais ou de ter que currar despois de clase.
Desgraciadamente, moitos estudantes de familias traballadoras non van poder acceder a estas bolsas. Só en Galiza, dez mil alumnos se quedarán sen acceso ás bolsas, xa que un tercio das bolsas demandadas son rexeitadas. Dez mil alumnos que terán que buscarse a vida, facer peripecias para sufragar os gastos da matrícula e de vivir fóra de casa por culpa dos de sempre, dos empresarios e políticos que non soamente nos rouban, senón que nos negan algo tan básico como poder estudar.
Ante isto, a Mocidade Comunista lanza a consigna: Agora é o momento! O momento de esixir becas para todos, para poder acceder ós estudios superiores, pagar as residencias, materiais, transporte… Agora é o momento de loitar por outra educación!
O modelo educativo actual expulsa ós fillos e fillas da clase traballadora. Só en 15 anos, as universidades galegas pasaron de recoller cen mil alumnos a recoller tan só sesenta mil, un corenta por cento menos. Tampouco axuda que as becas se reducisen en 844 euros de promedio, 844 euros que as familias traballadoras necesitan.
A Mocidade Comunista é consciente do pesimismo que hai entre os estudantes das nosas Universidades, pero chamamos á loita, a construír un futuro mellor, a ilusionarse con novo futuro. Temos unha nova proposta de educación, gratuita e ó servizo dos traballadores.

martes, 6 de setembro de 2016

[Compostela] A USC reprime a quen protesta contra o machismo.

Recentemente a USC volveu a reprimir os estudantes, neste caso o grupo de estudantes do Máster  de Igualdade, Xénero e  Educación que protestaran contra as actitudes machistas do profesor Luciano Méndez.  Este profesor, como todos recordaremos, humillou a unha rapaza decindo textualmente que “lle molestan os ruídos dos bolígrafos e o escote” da víctima.

O feito de que a USC decida reprimir os estudantes  que protestaron contra Luciano Méndez, mostra unha vez máis que a USC non ten ningún interés en acabar coa lacra que supón o machismo.  Só a presión do estudantado fixo que Luciano Méndez fora  sancionado, aunque a sanción foi ridícula. Despois de 6 meses de impunidade, de que a rapaza cambiarase de grupo, a Luciano Méndez so lle caen dous meses de inhabilitación, sen embargo os estudantes que protestaron poden perder o dereito de ir a clase e a matricula de unha ou varias asignaturas.


Dende os Colectivos da Mocidade Comunista consideramos que a USC pretende dar exemplo do que pasa se pides o fin das agresións machistas na universidade. O que tratan de conseguir, e que cando volva suceder unha agresión, os alumnos calen por medo a ser sancionados. Os estudantes non podemos deixar que consigan meternos medo, por eso é importante asistir a concentración do día 8 en solidariedade cos estudantes represaliados. Temos que demostrarlle a USC que non temos medo, seguiremos loitando por unha educación libre de machismo e que non vamos deixar que sancionen a compañeiros por loitar contra o machismo.

sábado, 27 de agosto de 2016

Un ano despois do acordo Lacteo, a Patronal sigue ganando a costa do sufrimento dos gandeiros.

A poboación galega posiblemente recordara as grandes protetas de fai un ano aproximadamente que pedían un precio da leite en orixen que permitirá vivir dignamente as familias gandeiras. O goberno ante estas manifestacións decidiu presentar un acordo lácteo o que se sumou a industria e sindicatos como ASAJA, pero tivo a oposición doutros sindicatos como Unións Agrarias e COAG (asociación a que pertence o sindicato Labrego Galego) xa que según estes sindicatos non se fixaban criterios obxetivos para determinar o que o goberno define como prezo sostible e carecia de garantías xurídicas para cambiar os malos hábitos da industria.

O tempo coma sempre acaba destapando a verdade e un ano despois podemos decir que ese acordo, que o goberno, a patronal e algún sindicato vendeu como histórico, foi un engano para desmovilizar os gandeiros. A día de hoxe  os grandes monopolios  siguen exprimindo os gandeiros con prezos que non cubren os costes de producción mentras eles se enriquecen.
O exemplo  máis claro de que o acordo non cambiou nada, o temos no monopolio de orixen francés Lactalis. Este monopolio tivo uns beneficios  bastante maiores que os de anos anteriores, a costa de  pagarlle menos os productores cuns contratos abusivos. O Sindicato Labrego Galego denuncia que en Galicia, onde o coste medio da leite en orixe é inferior a 27 céntimos, o que pagaría Lactalis os productores seria inferior a 26 céntimos. Ademáis nestes contratos aparece recollido que Lactalis pode retrasarse ata dous meses no pago os productores. Estas condicións abusivas poden ser incluso peores xa que Lactalis obligou os productores de leite  a firmar unha  claúsula de confidencialidade para que non sairan a luz estas condicións.

Esta situación non e só exclusiva de Galicia ou España xa que os gandeiros franceses viven situación similares e decidiron empezar a bloquear a esta empresa como xa fixeron o ano pasado gandeiros galegos. Esto móstranos que o problema non se reduce a unha mala xestión do gobernó de turno senón que o problema é un sistema económico pensado para que gañen os monopolios e perda a clase obreira. Por tanto reafirmámonos en que a única saída para a crise do sector gandeiro é a ruptura coa UE e o capitalismo.

Os abusos de Lactalis non se limitan os gandeiros, senón que os seus traballadores sufren tamén os abusos dunha compañía que busca superar os seus competidores a través da sangue e o suor da clase traballadora. Por exemplo en Valladolid Lactalis mantén un conflicto cos seus traballadores polo peche  da planta de Valladolid. O plan de Lactalis é pechar a fábrica e recolocar os 85 empleados noutros centros  de traballo que poden chegar a quedar bastante lonxe de Valladolid. Ante esta situación os traballadores esixen a Lactalis que venda a planta, pero Lactalis oponse xa que suporia dar a un competidor unha das súas plantas máis productivas. Esta situación móstranos como para Lactalis os gandeiros e os obreiros industriais so son unha mercancía que usar para a través do seu traballo conseguir golosos beneficios dos cales os traballadores nunca se van beneficiar, por este motivo nos decimos que cando os gandeiros están en loita, a clase obreira está en pé de guerra.

Por último queremos acabar este artigo manifestando a nosa solidaridade con todo o sector agrogandeiro e animando a toda a clase obreira a particpar nos diferentes actos ou protestas que haxa contra os abusos das multinacionais.


martes, 16 de agosto de 2016

[Vigo] Solidariedade coa familia desafiuzada

Dende Colectivos da Mocidade Comunista queremos solidarizarnos coa familia de Vigo que desafiuzaron do seu piso o pasado día doce de agosto, ademáis esiximos a retirada de todos os cargos contra eles.

Esta familia foi desafiuzada por motivo da denuncia que puxo o dono da vivenda por usurpación, a pesar de que a familia podía acreditar que lle tiña pagados varios meses de alugueiro.  Os cargos que se lle imputan a familia son atentado contra a autoridade e resistencia.  Dende CMC consideramos, que este caso  móstranos como a xustiza burguesa é incapaz de defender o dereito a unha vivenda digna, xa que sempre se pon do lado das inmobiliarias e bancos.


Ante esa situación non podemos caer na resignación, senón que temos que unirnos, organizarnos e loitar, para conseguir a liberdade sen cargos de  esta familia e mandar o vertedeiro da historia os desafiuzamentos.

xoves, 4 de agosto de 2016

[Ourense] Desarticulada rede de explotación sexual de menores que operaba en O Barco


Recentemente puidemos leer na prensa que se desarticulaba unha  rede de captación de menores para exercer a prostitución nun club de O Barco. Esta rede aproveitabase de mulleres  xóvenes, entre 16 e 17 anos, en situación de exclusión social. A forma de captalas era a través de persoas próximas os seus círculos de amizade que lles propoñian un traballo en Madrid, unha vez  aceptada a oferta eran trasladadas a un piso en Madrid onde lles retiraban a documentación e o móbil,  e finalmente eran trasladadas o club de O barco. Tamén cabe destacar que, para dificultar a resistencia das xóvenes , as mantiñan drogadas.
 Esta situación non é un caso illado senón que é semellante a situación da maioria de menores que son víctimas das mafias que se dedican a prostitución.   Dende os Colectivos da Mocidade Comunista consideramos que estos casos son un ataque a muller traballadora, e polo tanto loitamos polo fin da prostitución,  para que os proxenetas non podan seguir abusando das mulleres e enfrontense a xustiza. 

Non queremos acabar este artigo sen mostrar a nosa solidaridade coas menores que foron víctimas de esta rede.